Atención integral a mulleres inmigrantes

O proxecto atendeu a mulleres inmigrantes en situación de especial vulnerabilidade social, coas que se estableceu un plan de intervención global e individualizado nas seguintes áreas de intervención:

  • Área de Educación Integral: na que se traballaron procesos de inclusión integral e prevención das situacións de inclusión, así como a mellora da autoestima.
  • Área Formativo Laboral: na que se mellorou a formación das beneficiarias, aumentando a súa empregabilidade ou mellora da súa situación laboral inicial.
  • Área de Asesoría Xurídica: na que se prestou asesoramento legal no ámbito civil (procesos de custodia, pensións de alimentos, …..) administrativo (obtención da CHAVE365, tramitación RISGA, axudas de emerxencia, renovación do NIE, axudas e prestacións por fillos a cargo,…) e fiscal (consultas sobre IRPF e tributación das axudas).
  • Área de Menores: na que se facilitou a conciliación para participar no Programa.

Trinta mulleres puideron recibir esta atención integral grazas á cofinanciación do Concello de Vigo-Benestar Social.

Ficheros
Galería